Monday 06 de May de 2024

A Xunta e o concello de Curtis anallizan posibles solucións á demanda de solo existente no municipio


Durante o encontro, Encarnación Rivas e Javier Caínzos abordaron tamén o desenvolvemento de novas zonas nos núcleos urbanos municipais de Curtis e Teixeiro

A Xunta de Galicia e o Concello de Curtis analizaron esta semana a situación do solo urbano non consolidado do municipio co fin de poder dar resposta e atender de forma satisfactoria a demanda existente na actualidade a este respecto.

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e o rexedor, Javier Caínzos, mantiveron recentemente unha reunión de traballo co fin de estudar todas as posibles alternativas e tratar de impulsar a que mellor se axuste ás necesidades de Curtis ao longo deste ano 2023.

O obxectivo, tal e como lle trasladou o alcalde, é desenvolver o solo baixo este tipo de cualificación incluído tanto nas áreas de planeamento específico como nas de remitido co fin de poder impulsar novas zonas nas maias urbanas de Curtis e Teixeiro, os dous núcleos principais do municipio.
Cómpre precisar que na actualidade Curtis conta con 18 bolsas de solo delimitadas mediante estas figuras xurídicas de desenvolvemento urbanístico e cunha superficie de 300.559 metros cadrados en ambas poboacións.